Sandalio Alonso de la Riva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSandalio Alonso de la Riva
Biografía
Nacemento8 de maio de 1904 Editar o valor em Wikidata
Boñar, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xullo de 1988 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRosina Villaverde Otero

Sandalio Alonso de la Riva, nado en Boñar (provincia de León) o 8 de maio de 1904 e finado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xullo de 1988,[1] foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militou nas Juventudes Socialistas e afiliouse ao PSOE en 1926. Na Segunda República foi alcalde de Boñar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias. En Asturias ocupou postos de mando no exército republicano. Ao remate da guerra marchou a Francia polos Pireneos. En Bordeos coñeceu a Rosina Villaverde, filla de Elpidio Villaverde. En 1939 exiliouse en Chile onde estivo algún tempo, para trasladarse a Arxentina en 1942, onde casou con Rosina. En Buenos Aires pertenceu á Agrupación Socialista Pablo Iglesias, na que ocupou diversos cargos directivos. En 1979 regresou coa súa muller a Vilagarcía, e foi secretario da agrupación socialista local ata a súa morte.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 8 de decembro de 1986 foi homenaxeado en Vilagarcía polos seus 60 anos de exemplar militancia socialista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 20-7-1988, p. 28.
  2. "Todos recuerdan a Sandalio", La Voz de Galicia, 19-7-1994, Arousa 46.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]