Manuel Gómez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Beato Manuel Gómez González
Biografía
Nacemento en San Xosé de Ribarteme (As Neves)
Falecemento: 21 de maio de 1924, en Feijão Miúdo (Três Passos, Río Grande do Sur, Brasil)
Nome secular Manuel Gómez González
Ordes
Ordenación sacerdotal 24 de maio de 1902, en Tui
Sacerdote

Manuel Gómez González, nado en San Xosé de Ribarteme (As Neves) o 29 de maio de 1877 e finado en Feijão Miúdo (Três Passos, Río Grande do Sur, Brasil) o 21 de maio de 1924, foi un sacerdote católico galego, beatificado pola Igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manuel Gómez foi ordenado sacerdote en Tui o 24 de maio de 1902, con 34 anos. Primeiro exerceu nas Neves, ata que en 1905 marcha a exercer o sacerdocio ao norte de Portugal, na arquidiocese de Braga, nos concellos de Vila Pouca de Aguiar e despois no de Monção (1911-13), pero diversas circunstancias políticas empurrárono a emigrar a Brasil. No estado de Río Grande do Sur serviu en Soledade (23 de xaneiro de 1914) e logo en Nonoai (29 de decembro de 1915).[1] [2]

O seu labor social na zona incluíu a construción dun obradoiro de olería, un hotel e casas para os sen teito de Nonoai. Tamén introduciu novos cultivos na agricultura da zona.

A revolución brasileira de 1923 converte a rexión fronteiriza entre Uruguai e Brasil en moi perigosa, con diversas bandas e comandos actuando violentamente pola propiedade das terras. O 21 de maio de 1924 préndeno a el e mais o seu acólito Adílio Daronch (un neno de 15 anos), que foron torturados e asasinados a tiros, polo que a Igrexa católica os considera mártires.[1] [2]

Culto[editar | editar a fonte]

O 14 de xuño de 1996 comezou o proceso de beatificación de Daronch e Manuel Gómez e, en decembro de 2006, o papa Bieito XVI recoñecía a existencia do martirio, co que se lles abría o camiño da beatificación. Conforme este proceso, se un crente sofre martirio pola fe, non é necesario que teña milagres demostrados para poder ser beatificado.

A súa beatificación definitiva foi efectuada o 21 de outubro de 2007 polo papa Benedito XVI, no Parque municipal de exposicións de Frederico Westphalen (Río Grande do Sur, Brasil).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxae tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]