Vitorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «San Vitorio»)
Igrexa de San Vitoiro da Mezquita

Vitorio[1], ou tamén Vitoiro[1], é un santo catacumbal e mártir venerado en Galicia.[2] Descoñécense moitos datos da súa vida.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao igual que outros santos como san Campio ou santa Minia, san Vitoiro é un dos santos catacumbais incorporados ao culto durante o século XVIII en Galicia. Descoñécense moitos datos da súa traxectoria. As súa reliquias dooullas o papa Pío VI ao cardeal Celada en 1789. Trouxéronse polo mar dende Cádiz ata a Coruña. Logo, depositáronse solemnemente na capela das Reliquias da catedral de Santiago. É padroeiro de varias parroquias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-02. 
  2. Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo.