San Salvador de Jujuy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

San Salvador de Jujuy é unha cidade do noroeste da Arxentina, capital da provincia de Jujuy. Atópase no sur da provincia, na confluencia dos ríos Grande e Xibi Xibi (Río Chico). Ten unha poboación de 265.249 habitantes (2010), e é chamada afectuosamente «La Tacita de Plata».

O centro histórico da cidade de San Salvador de Jujuy atópase no medio de elevadas montañas, producindo un dos seus contrafortes unha especie de península limitada polo norte e polo este co río Grande de Jujuy e polo sur co río Chico ou Xibi Xibi.
Durante o século XX, a cidade espallouse principalmente cara ao sur e sueste do río Xibi Xibi, e en menor grao, pola banda norte do Río Grande.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]