San Roque, San Miguel de Negradas, O Vicedo
| San Roque | |
|---|---|
Capela de San Roque | |
| Parroquia | San Miguel de Negradas |
| Concello | O Vicedo |
| Coordenadas | 43°42′54″N 7°41′03″O / 43.71511987638, -7.684152193223 |
| Poboación | 16 hab. (2017) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Roque é un lugar da parroquia de San Miguel de Negradas, no concello lugués do Vicedo. Segundo o IGE en 2009 tiña 20 habitantes (11 mulleres e 9 homes), 14 menos ca en 1999.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo San Roque é un haxiotopónimo referido a Roque de Montpellier e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación. Previamente o lugar era coñecido como O Pazo, onde viviron María Sarmiento Ribadeneira e o seu marido Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira, gobernador de Filipinas. Tamén foi coñecido como Santa Mariña, por mor da existencia dunha capela baixo esa advocación.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Miguel de Negradas
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Miguel de Negradas no concello do Vicedo (Lugo) | |
|---|---|
|
Alpuxarras | A Áspera | A Barreira | Chelo | Crecide | Creximil | A Fonte | Francos | A Gándara | A Gatariza | Marcos | Monte de Insua | O Morgallón | O Mosteiro | Muro Novo | Noche | A Poceira | O Redondo | Salgueiros | San Roque | O Xurbal |