San Pedro de Leixa, Leixa, Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Pedro de Leixa

Castro de Leixa.
ParroquiaLeixa
ConcelloFerrol
Coordenadas43°31′04″N 8°12′22″O / 43.5178691, -8.206152Coordenadas: 43°31′04″N 8°12′22″O / 43.5178691, -8.206152
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Leixa é un lugar da parroquia de Leixa no concello de Ferrol na provincia da Coruña. É un lugar rural da parroquia de Leixa, situado na periferia de Ferrol, no límite con Narón. Leixa formaba parte do Concello de Serantes, anexionado a Ferrol.

Ten dous núcleos de poboación: Leixa e Fonteiroa. En Leixa están catalogadas catro mámoas facendo de límite con Narón e o castro da Croa de Leixa.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Segundo Nicandro Ares San Pedro deriva do antropónimo latino relacionado con petra (pedra). É un nome de santo, haxiotopónimo.[1]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Leixa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Leixa no concello de Ferrol

San Pedro de Leixa


Parroquias de Ferrol[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ferrol

Brión (Santa María) | A Cabana (Santo Antonio) | Covas (San Martiño) | Doniños (San Román) | Esmelle (San Xoán) | Ferrol | A Graña (Santa Rosa de Viterbo) | Leixa (San Pedro) | Mandiá (Santa Uxía) | Marmancón (San Pedro) | San Xurxo da Mariña (San Xurxo) | Santa Cecilia de Trasancos (Santa Cecilia) | Serantes (San Salvador)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ares Vázquez, Nicandro (2011). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-83-0.