San Lourenzo de Fustáns, Gomesende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°11′31.14″N 8°6′40.04″O / 42.1919833, -8.1111222

San Lourenzo de Fustáns
Fachada Igrexa Fustáns, Gomesende 2.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloGomesende
ProvinciaOurense
Poboación177 hab. (2018)
Entidades de poboación17

San Lourenzo de Fustáns é unha parroquia do concello ourensán de Gomesende[1], situado na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE, en 2018 tiña 177 habitantes (88 homes e 89 mulleres), 56 menos que no 2007.

Demografía[editar | editar a fonte]

A parroquia conta con dezasete núcleos territoriais que son: Agrufeixe, As Barreiras, Casaldrigo, A Casanova, Cimadevila, Dornelas, Fustáns, Garabelos, A Granxa, A Legumieira, A Ocella, Os Outeriños, Redondallo, As Regas, A Trigueira, A Veiga e Vilacova. Así a todo, as zonas nas que se concentra a meirande parte da poboación da parroquia son as aldeas de Fustáns (58 habitantes), Garabelos (35 habitantes), Dornelas (31 habitantes) e A Casanova (15 habitantes). Pola contra, Redondallo e a Legumieira son pequenos núcleos nos que non reside ninguén.[2]

O declive demográfico debeuse á emigración cara ás cidades de Vigo e Ourense en busca de oportunidades laborais como consecuencia da pouca industria da zona.[Cómpre referencia] Ademais, hai que destacar a condición minifundista do sector agrario existente no lugar.[Cómpre referencia]

Situación xeográfica[editar | editar a fonte]

Conecta coa capital da provincia, situada a 44 km, a través das estradas nacionais OU-540 e OU-531, que serve como enlace coa vila de Celanova, da que dista 24 km e coa pequena vila termal de Cortegada, situada a 7,7 km da parroquia. A autovía A-52 e as estradas PO-406 e OU-531 conectan con Vigo, a 71,7 km. A fronteira con Portugal encóntrase a 17 km da parroquia.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial en honra a San Lourenzo.
Souto dos arredores da capela de Santo Antonio.
Santo Antonio, A Casanova.
Capela da Nosa Señora da Magdalena.

O 7 de abril de 1045, Rodrigo Gutiérrez doou a parroquia ás terras de Celanova.[3] A capela de Santo Antonio sitúase na pequena aldea da Casanova, a carón da estrada OU-212. O couto conta cun espazo de mesas de pedra baixo unha carballeira, que durante a romaría do patrón (13 de xuño), adoita ser usada como punto de descanso. A igrexa parroquial de San Lourenzo está en Dornelas, e data do século XVIII, concretamente a súa construción comezou en 1717. A actividade foi patrocinada por señores feudais, laicos e relixiosos.[Cómpre referencia]

Asemade, na aldea de Garabelos encóntrase a pequena capela da Nosa Señora da Magdalena (1737), que garda un estreito parecido coa igrexa parroquial, xa que ambos os templos son barrocos e foron construídos pola mesma persoa.[Cómpre referencia]

Festas[editar | editar a fonte]

Os dous festivos locais da parroquia son o 13 de xuño (Santo Antonio) e 10 de agosto (San Lourenzo).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Lourenzo de Fustáns[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Lourenzo de Fustáns no concello de Gomesende (Ourense)

Agrufeixe | As Barreiras | Casaldrigo | A Casanova | Cimadevila | Dornelas | Fustáns | Garabelos | A Granxa | A Legumieira | A Ocella | Os Outeiriños | Redondallo | As Regas | A Trigueira | A Veiga | Vilacova


Parroquias de Gomesende[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Gomesende

A Guía (Santa María) | O Pao (Santa María) | Penosiños (San Salvador) | Poulo (San Pedro) | San Lourenzo de Fustáns (San Lourenzo) | O Val (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Inicio". www.gomesende.es. Consultado o 2019-04-20. 
  2. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Consultado o 2019-04-20. 
  3. "Historia". www.gomesende.es. Consultado o 2019-05-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]