San Cristovo, Merín, Vedra
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Cristovo.
| San Cristovo | |
|---|---|
Cruz e cataventos da reitoral de Merín | |
| Parroquia | Merín |
| Concello | Vedra |
| Coordenadas | 42°46′26″N 8°27′08″O / 42.773916864656, -8.4521130914051 |
| Poboación | 17 hab. (2017) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Cristovo é un lugar da parroquia de Merín no concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 24 habitantes (dez homes e catorce mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo San Cristovo é un haxiotopónimo referido a Cristovo de Licia, e débese á presenza no lugar da igrexa parroquial de San Cristovo de Merín.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]En San Cristovo sitúase a igrexa parroquial, a casa reitoral, o cemiterio, o local social e un cruceiro. Onde estaba antigamente a igrexa parroquial está a Fonte do Santo, á cal se lle atribúen propiedades milagreiras.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Merín
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Merín no concello de Vedra (A Coruña) | |
|---|---|
|
Cabanelas | Cazorráns | Fraíz | Merín | O Pazo | Recarei | Rosende | San Cristovo |