Samuel Reshevsky
- Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (mul) Szmul Rzeszewski 26 de novembro de 1911 Ozorków |
| Morte | 4 de abril de 1992 Nova York |
| Educación | Universidade de Chicago |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Xadrez e contabilidade |
| Ocupación | xadrecista, Guarda-livros (pt) |
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos |
| Deporte | xadrez |
| Título de xadrecista | Gran Mestre (1950) |
| Participou en | |
| 1974 | Olimpíada de xadrez de 1974 |
| 1970 | Olimpíada de xadrez de 1970 |
| 1968 | Olimpíada de xadrez de 1968 |
| 1964 | Olimpíada de xadrez de 1964 |
| 1958 | Olimpíada de xadrez de 1958 |
| 1952 | Olimpíada de xadrez de 1952 |
| 1950 | Olimpíada de xadrez de 1950 |
| 1937 | Olimpíada de xadrez de 1937 |
| Descrito pola fonte | Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
Samuel Herman Reshevsky, nado o 26 de novembro de 1911 en Ozorkow (Polonia) e finado o 4 de abril de 1992, en Nova York, Estados Unidos, foi un xogador de xadrez. Foi un dos máis fortes grandes mestres de América e do mundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia
[editar | editar a fonte]Aprendeu a xogar á idade de 4 anos e foi un neno prodixio do xadrez. Á idade de 8 anos xa derrotaba a experimentados xogadores de máis idade en exhibicións de simultáneas.
Na década de 1920 os seus pais trasladáronse aos Estados Unidos onde se gañaron a vida co talento do seu fillo. Reshevsky, de maior, graduouse na Universidade de Chicago en 1933 en Contabilidade, e traballou como contable.
Mocidade
[editar | editar a fonte]Reshevsky gañou os campionatos dos Estados Unidos en 1936, 1938, 1940, 1942, 1946, 1969 e 1970. A súa carreira internacional comezou en 1935 en Margate, onde logrou o primeiro lugar derrotando entre outros a Capablanca. Un ano máis tarde compartiu o terceiro posto en Nottingham. En 1937 compartiu o primeiro posto en Kemeri, Letonia, e en 1938 compartiu o cuarto posto no torneo da AVRO.
Campionatos do mundo e olimpíadas
[editar | editar a fonte]Foi un dos 5 grandes mestres que competiron polo Campionato do Mundo no match-torneo de 1948 e terminou empatado no terceiro posto con Paul Keres. Logo foi segundo no torneo de candidatos de Zürich en 1953. Tamén clasificouse para o ciclo de candidatos no interzonal de Sousse, pero perdeu nos cuartos de final contra Viktor Korchnoi en 1968.
Participou regularmente coa selección estadounidense nas Olimpíadas de xadrez. Gañou o ouro en 1937 e o bronce en 1974 e o ouro individual en 1950. En total participou en 8 olimpíadas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Samuel Reshevsky en ChessGames.com
- 45 posicións críticas de nas súas partidas (en inglés)
- New York Times obituary (en inglés)
- Campións de xadrez dos EEUU páxina da federación de xadrez dos EUA. (en inglés)