Samu Expósito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samu
Información persoal
Nome Samuel Expósito Polo
Nacemento 7 de agosto de 2004
Lugar de nacemento Sierra de Fuentes
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Rayo Majadahonda
Número 37
Carreira xuvenil
–2019 Diocesano
2019–2023 Real Madrid
2022–2023 Cádiz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2023– Real Madrid C 7 (4)
2023 Cádiz Mirandilla 2 (0)
2024– Rayo Majadahonda 7 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 24 de marzo de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Samuel Expósito Polo, nado en Sierra de Fuentes (Cáceres) o 7 de agosto de 2004, é un futbolista español que xoga de centrocampista no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do Diocesano de Cáceres, antes de ingresar en 2019 nas categorías inferiores do Real Madrid.[1] Na tempada 2022/23 xogou cedido no equipo xuvenil do Cádiz, na División de Honra, e debutou co filial gaditano na Segunda División RFEF. Comezou a campaña 2023/24 co Real Madrid C na Terceira División RFEF, pero en xaneiro de 2024 saíu cedido de novo, desta vez ao Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Samu Expósito jugará cedido en el Rayo Majadahonda" (en castelán). 1 de febreiro de 2024. Consultado o 24 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]