Saltar ao contido

Samgyeopsal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samgyeopsal
Gastronomía de Corea do Sur Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
 Parte de
Datas
 Descuberta / invención
década de 1970 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
TasteAtlassamgyeopsal Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0553tg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Sam Gyeop Sal - 삼겹살.

O samgyeopsal (en hangul: 삼겹살, hanja 三겹살) é un prato moi popular da cociña coreana. É un prato que acostuma servirse de xantar, consistente principalmente en lonchas de carne de touciño, servido ao estilo e coa mesma aparencia que o galbi, isto é, carne adobada con allo, sal e aceite de sésamo e cociñada á grella.

Características

[editar | editar a fonte]

As pezas de carne cociñada adóitanse pór nunha folla de leituga ou nalgunha folla de verdura, xunto con arroz cocido e algo de ssamjang, unha pasta elaborada cunha mestura de diversos ingredientes, como pode ser unha pasta de chili (gochujang) ou de soia (doenjang), e acostúmese comer coa man. Acostuma servirse con pementos verdes (que non son picantes) e anacos de allo cru, remollado en prebe de ssamjang, así como levar cebolas de primavera en forma de ensalada que lle proporciona un toque verde á carne de porco. Fai boa combinación co soju, unha bebida alcohólica coreana.