Salvador Cidrás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalvador Cidrás
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvideoartista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Salvador Cidrás Robles, nado en Vigo en 1968, é un pintor e escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco despois de superar os vinte anos conseguiu unha bolsa de estudos de creación da Asociación de Artistas Plásticos de Pontevedra. Inmediatamente destacou en diversos certames, como Arte Nova Galego, e duodécima edición da Bienal de Pontevedra, para saltar ao taller de Colonia, en Alemaña, e a Irlanda cunha bolsa de estudos Erasmus. Foi primeiro premio no certame Malvar de Compostela, en 1995, no do concello en Cambre e no de Artes Plásticas Díaz Pardo, auspiciado pola Deputación coruñesa.

Comezou a expor colectivamente en 1991 e participou con éxito en varias edicións da Mostra Unión Fenosa. A súa obra exhibiuse en varias cidades de España, foi adquirida para prestixiosas coleccións, entre elas a de Coca-Cola, cunha mostra itinerante que percorreu varias cidades.

Aínda que fundamentalmente se adicou á expresión en dúas dimensións, tamén cultiva a escultura, nun mundo sorprendente de suxestións que ten a súa raíz no surrealismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • González Alegre, Alberto: As naturezas distanciadas de Salvador Cidrás. Ourense, Galería Marisa Marimón, 1966.
  • III e IV Mostras Unión Fenosa. A Coruña, 1993 e 1995.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]