Saltar ao contido

Impo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Salouco»)
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O impo, salouco, saluco ou sotelo é a contracción espasmódica do diafragma que se repite varias veces por minuto. En humanos, a introdución repentina de aire nos pulmóns causa o peche da epiglote, creando o son "hip"[1]. En medicina, coñécese como movemento diafragmático síncrono ou singultus, do latín, singult, "o acto de atrapar a respiración de alguén ao saloucar"[2]. O impo é unha acción involuntaria, isto é, trátase dun acto reflexo[2].

Un ataque de impo, polo xeral, resólvese só sen precisar de ningunha intervención, aínda que existen moitos remedios caseiros que teñen como obxectivo acurtar a súa duración. Malia isto, ás veces necesítase tratamento médico en casos de impo crónico.

Casos curiosos

[editar | editar a fonte]

Un home norteamericano, chamado Charles Osborne, padeceu impo durante 68 anos, desde 1922 ata 1990, e entrou no Libro Guinness dos Récords como o home co ataque de impo máis longo[3].

En 2007, unha adolescente de Florida, Estados Unidos, impou unhas 50 veces nun minuto durante máis de cinco semanas[4]. Despois de que o impo volvese, o seu neurólogo suxeriulle que podía ter a síndrome de Tourette, e que o seu impo podía ser un "tic" causado por esta síndrome[5].

  1. Hiccupsound.ogg Son do impo
  2. 2,0 2,1 Wilkes, Garry (2 August 2007). "Hiccups". eMedicine. Medscape. Consultado o 2009-04-22. 
  3. "Survivor of 68-Year Hiccup Spell Dies. Omaha World - Herald, 05 maio 1991, Sunrise Edition: 2.B.
  4. "Florida girl hiccuping again after returning to school". msnbc.msn.com. 16 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2007. Consultado o 15 de xuño de 2009. 
  5. "Hiccup Girl: "I have Tourette's"". WTSP-TV, tampabays10.com. 10 de xaneiro de 2008. 
  • "Fish Out of Water", Neil Shubin, Natural History, número de febreiro de 2008, páxinas 26–31.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]