Salduie (banda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salduie
OrixeZaragoza, España
Período2010 - actualidade
Xénero(s)folk metal
Selo(s) discográfico(s)Theocide Studios
MembrosNem Sebastián
Diego Bernia
Víctor Felipe
Sergio Serrano
David Serrano
Diego Royo
Daniel Galbán
Sergio Couto
Na rede
https://salduie.com
Facebook: SalduieOficial Twitter: SalduieOficial Instagram: salduieofficial Youtube: UChRamga8OOqTFnRpdhKPQ4w Spotify: 5bdznkD4EBn0jQk2PYlmSM Last fm: Salduie Musicbrainz: c1908a00-5a4d-4e87-a792-5fe29fa3ce82 Songkick: 7224389 Discogs: 4810462 Genius: Salduie Editar o valor em Wikidata

Salduie (en escritura ibera: ) é unha banda española de folk metal orixinaria da cidade de Zaragoza e fundada no ano 2010. As súas letras tratan sobre as culturas prerromanas da Península Ibérica, como os celtiberos, os iberos ou os lusitanos, así como sobre a conquista romana de Hispania.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros pasos[editar | editar a fonte]

Fundada no ano 2010, o seu nome fai referencia á antiga cidade sedetana de Salduie, situada no lugar que hoxe ocupa Zaragoza.[2] En 2013 a banda publicou o LP La senda del Cierzo, e ao ano seguinte o seu primeiro disco de estudio, titulado Imbolc.[3] O grupo estaba formada naquel momento polos vocalistas Diego Bernía e Nehemías Sebastían (este último tocando tamén a gaita e os whistles), Víctor Felipe na guitarra e o buzuki, Juan Campayo no baixo, Sergio Serrano na batería o bodhrán, David Serrano na gaita, a dulzaina e o whistle, e Guillermo Royo nos teclados.[4]

Durante a primavera de 2016 o as voces melócidas do grupo púxoas Diego Royo, en substitución do cantante melódico da banda, Nem Sebastián.

Segundo traballo: Belos[editar | editar a fonte]

O 10 de decembro de 2016, despois de publicar os adiantos "Carus de Sekaiza", "Hospitium", "Bestias Númidas" e "Los Fuegos de Belenus", saíu á luz Belos, o segundo álbum de estudio da banda, no que levaban traballando dous anos. Producido de novo por Lucas Toledo en Theocide Studios, contou coas colaboracións de Chaime Magallón (Lurte), José Broseta (Opera Magna, Systemia), Diego Royo (Eternity, Evernight), Chusé Joven (Atland, Judith Mateo), Allué Fiddle e a "Coral Celtíbera" (composta, á súa vez, por varios membros dos coro Amici Musicae).[5]

O 8 de xaneiro de 2017, Nem anunciou no seu perfil persoal de Facebook que deixaría a banda debido a problemas persoais. Diego Royo foi o vocalista nos seguintes concertos da banda.[6]

O 17 de novembro do mesmo ano, o guitarrista Álvaro Pérez tamén se retirou por motivos persoais.[7] Ao día seguinte, a banda fixo oficial a súa nova formación, confirmando a Diego Royo (voz) e Daniel Galván (baixo) como membros permanentes, ademais de anunciar a reincorporación de Nem, despois de case un ano ausente.[8] Dous días despois, publicaron o videoclip de "Bosnerau", mostrando publicamente a nova formación.

En marzo de 2018 fíxose oficial a incorporación de Sergio Couto como guitarrista. En abril de 2018 a banda participou no disco "¡¡Stay Oz!! Hasta que el cuerpo aguante", un disco tributo a Mägo de Oz polo seu 30º aniversario, no que participaron invitados por Txus di Fellatio.

Viros Veramos e Ambaxtos[editar | editar a fonte]

En marzo de 2019 saíu á luz o seu terceiro álbum de estudio, Viros Veramos, tras os avances de: "Viriato", "RTNP" e "Sedeisken". O disco contou con colaboracións como as de Narci Lara, Migue Franco, Paco Garrido, Alberto Domínguez, Jordi Boixaderas, Jose Broseta, Alícia Felipe e Lucas Toledo. Tamén se anunciou que a banda participaría nos Leyendas del Rock onde actuaron dúas veces o mesmo día.[9]

En xuño de 2021 publicaron Ambaxtos, o seu cuarto disco.[10] Producido grazas a un micro-mecenado, contou coas colaboracións de Dani Nogues, cantante de Lèpoka e Xana Lavey, cantante de Celtian.[11]

Discografía[editar | editar a fonte]

EP[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Membros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Crítica del primer trabajo de los íberos SALDUIE" (en castelán). 13 de abril de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  2. "Salduie: bienvenidos a la Sedetania rockera" (en castelán). 8 de outubro de 2018. Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  3. "Salduie: Imbolc (Crítica de discos)" (en castelán). 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  4. "Crítica de Imbolc" (en castelán). 21 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  5. "Salduie presenta el teaser de su nuevo álbum" (en castelán). 15 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  6. "Hoy tenemos un noticia triste que daros,... - Salduie folk metal | Facebook". Facebook (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  7. Salduie (17 de novembro de 2017). "Tenemos algunos anuncios importantes que haceros: - Salduie". Facebook (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  8. "¡Nuevas noticias, os presentamos nuestra formación actual! - Salduie". Facebook (en castelán). 18 de decembro de 2017. Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  9. "Airbourne salieron del infierno" (en castelán). 13 de agosto de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  10. "Salduie: banda espanhola lança o álbum “Ambaxtos”" (en portugués). 18 de xuño de 2021. Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  11. "SALDUIE PRESENTA LAS COLABORACIONES DE SU NUEVO DISCO «AMBAXTOS»" (en castelán). 28 de abril de 2021. Consultado o 21 de xuño de 2021.