Salar de Uyuni
Aparencia
| Tipo | deserto de sal atracción turística solonchak | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Departamento de Oruro, Bolivia e Departamento de Potosí, Bolivia | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Características | ||||
| Altitude | 3.661 m | |||
| Dimensións | 110 ( | |||
| Superficie | 10.582 km² | |||
O Salar de Uyuni é a máis extensa planicie salgada do mundo. Atópase nos departamentos de Potosí e Oruro, no suroeste da Bolivia, próximo á cordilleira dos Andes, a uns 3650 m de altura.
Uns 40.000 anos atrás, a área era parte do lago Michin, un xigantesco lago prehistórico. Cando o lago secou, deixou como remanecentes os actuais lagos Poopó e Urú Urú, e dous grandes desertos salgados, Coipasa e Uyuni.
Estimase que o salar de Uyuni conteña uns 10 mil millóns de toneladas de sal, das cales só 25.000 t son extraídas anualmente. No comezo de novembro, o Salar de Uyuni tamén é lar de tres especies suramericanas de flamengos: o flamengo chileno, o flamengo andino e o flamengo de James. Tamén é un importante destino turístico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Bolivia |

