Saltar ao contido

Sabino González Besada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSabino González Besada
Biografía
Nacemento1824 Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 1898 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación de Pontevedra
1896 – 1898
← Eugenio Fraga MascatóGumersindo Otero García →
Gobernador civil de Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJuan González Besada Editar o valor en Wikidata
IrmánsRafael González Besada e Basilio González Besada Editar o valor en Wikidata

Sabino González Besada Vidal, nado en Tui en 1824 e finado en Pontevedra o 28 de xullo de 1898,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan González Besada, era membro dunha das familias máis poderosas de Pontevedra, irmán de Basilio e Rafael González Besada que foron deputados provinciais e tío de Augusto González Besada, varias veces ministro. Foi oficial e secretario do Goberno civil e da Deputación de Pontevedra. Xunto co seu irmán Basilio formou parte do núcleo de investidores da MZOV, da que xa era delegado a principios do Sexenio. Foi xuíz de primeira instancia en Caldas e Ponte Caldelas. Casou con Felisa Jalón Rey Caamaño. Foi Comendador da Orde de Carlos III desde 1878.

Política

[editar | editar a fonte]

Membro do Partido Conservador e home de confianza de José Elduayen, estableceu bufete na cidade de Pontevedra e practicamente non vai deixar de formar parte da Deputación Provincial de Pontevedra como deputado por varios distritos (Pontevedra en 1871; A Estrada en 1873, 1877 e 1878 e Ponteareas-A Cañiza en 1886 e 1896) e desempeñando os cargos de Secretario e Vicepresidente. Foi Secretario do Goberno Civil, Gobernador civil da provincia en dúas ocasións (1884-85 e 1890-1892) e presidente da Deputación (1896-1898).


Predecesor:
Eugenio Fraga Mascató
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1896 - 1898
Sucesor:
Gumersindo Otero García

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Jalón Rey e foi pai de Ángela e Amalia González Besada Jalón.

  1. Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 29-7-1898, p. 2, 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]