S Ori 70

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


S Ori J053810.1-023626

Data de observación
Época X2000      Equinoccio X2000
Constelación Orión
Ascensión recta 05h 38m 10.10s[1]
Declinación -02° 36′ 00.0″[1]
Características
Tipo espectral T6[2][3]
Magnitude aparente (H) 20.07[4]
Astrometría
Movemento propio (μ) RA: 10[1] mas/ano
Dec.: 5[1] mas/ano
Distancia1,150[5] al
(352[4] pc)
Detalles
Masa3[6] MXup
Gravidade superficial (log g)3,5[6]
Idade3[6] Ma
Outras denominacións
Mayrit 520267
S Ori 70
S Ori J053810.1-023626[7][8]
Referencias en bases de datos
SIMBADdatos

S Ori 70 ou S Ori J053810.1-023626 é un obxecto astronómico de tipo T que está situado en primeiro plano no cúmulo estelar de Sigma Orionis, que está a aproximadamente 1.150 anos luz de Terra. Foi descuberto o 24 de novembro de 2002 polo equipo de M. R. Zapatero Osorio e E. L. Martín no Observatorio de Roque de los Muchachos. Aínda non se determinou se é unha anana marrón ou un planeta de 3 millóns de anos de idade que forma parte do cúmulo anteriormente citado. As imaxes da espectroscopia no infravermello próximo tomadas 3 anos despois do seu descubrimento levaron ás primeiras medidas do movemento do obxecto. O seu comportamento é significativamente diferente do que se podía esperar; ademais describiuse a súa atmosfera coma de baixa gravidade ou unha atmosfera con metalicidade. O pequeno movemento propio do obxecto suxire que está máis lonxe do esperado se fose unha simple anana marrón.

Descubrimento[editar | editar a fonte]

O cúmulo aberto Sigma Orionis foi o foco das observacións do equipo de Osorio debido á idade do cúmulo (aproximadamente de 3 a 8 millóns de anos). O cúmulo tamén ten unha extinción baixa, a súa distancia resulta conveniente, e obsérvase que é rico e denso. Usando o Telescopio William Herschel de 4,2 metros para unha mini-procura profunda cun radio de 55 minutos de arco ó cadrado e cunha sensibilidade de 21 magnitudes nas bandas J e H,[6] permitiu ó equipo atopar S Ori 70. Os datos brutos recollidos reducíronse a IRAF (un acrónimo en inglés para redución e análise de imaxes), unha técnica estándar empregada con imaxes de infravermellos próximos; despois de subtrae-lo fondo do ceo e a corrente escura, o espectro do obxecto extraído foi revelado. Éra o membro máis tenue e frío atopado no cúmulo e recibiu o nome de S Ori 70.

Argumento do estudo inicial[editar | editar a fonte]

Adam J. Burgasser[9][10] examinou as afirmacións do descubrimento da anana marrón tipo-T de Osorio e a súa masa baixa verificada espectroscópicamente. Fíxose unha comparación do espectro de banda J entre S Ori 70 e outros obxectos próximos. O espectro da banda J revelou unha morfoloxía espectral distintiva de forma triangular que forá previamente explicada por Osorio e Martin debido á baixa gravidade da superficie. Para ver se se produciran discrepancias semellantes no comportamento da anana T, o equipo de Burgasser comparou os datos das afirmacións de Osorio cos modelos COND estándar. Escalas de lonxitude de onda idénticas interpoladas a través de espectros empíricos e modelos foron suavizadas por procesos de Gauss; isto mostrou que os modelos espectrais máis axustados poden producir gravidades distorsionadas para ananas T de tipo tardío, o cal dou coma resultado a subestimación da idade e da masa. Burgasser concluíu que S Ori 70 non é un membro do cúmulo Sigma Ori senón que é unha anana marrón en primeiro plano. Un estudo máis profundo do obxecto suxire que a baixa gravidade non provén da anana de tipo T, senón dunha estrela de fondo próxima.[9] Ata o ano 2009 non existían datos científicos directos que rexeitasen ou confirmasen ningunha das conclusións.

Podería ser o primeiro planeta orfo descuberto[5] cunha masa de 3 Mx, pero necesitase confirmación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Faherty, Jacqueline K.; Burgasser, Adam J.; Cruz, Kelle L.; Shara, Michael M.; Walter, Frederick M.; Gelino, Christopher R. (2009). "The Brown Dwarf Kinematics Project I. Proper Motions and Tangential Velocities for a Large Sample of Late-Type M, L, and T Dwarfs". The Astronomical Journal 137 (1): 1. Bibcode:2009AJ....137....1F. doi:10.1088/0004-6256/137/1/1. 
  2. Zapatero Osorio, M. R.; Béjar, V. J. S.; Bihain, G.; Martín, E. L.; Rebolo, R.; (2008). "New constraints on the membership of the T dwarf S Ori 70 in theσ Orionis cluster". Astronomy & Astrophysics 477 (3): 895–900. Bibcode:2008A&A...477..895Z. arXiv:0710.2776. doi:10.1051/0004-6361:20078600. 
  3. 4,0 4,1 Peña Ramírez, K.; Zapatero Osorio, M. R.; Béjar, V. J. S.; Martin, E. L.; Rebolo, R. (2015). "Characterization of the known T-type dwarfs towards the σ Orionis cluster". Astronomy and Astrophysics 574: A118. Bibcode:2015A&A...574A.118P. arXiv:1411.3370. doi:10.1051/0004-6361/201424816. 
  4. 5,0 5,1 "Mysterious Object Might be First Extrasolar Planet Photographed". Silver Star Academy. Consultado o 08-02-2010. 
  5. 6,0 6,1 6,2 6,3 Martín, Eduardo L. (2004). "S Ori 70: Still a strong cluster planet candidate". arXiv:astro-ph/0410678. 
  6. Kenyon, M. J.; Jeffries, R. D.; Naylor, Tim; Oliveira, J. M.; Maxted, P. F. L. (2005). "Membership, binarity and accretion among very low-mass stars and brown dwarfs of the σ Orionis cluster". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 356 (1): 89. Bibcode:2005MNRAS.356...89K. doi:10.1111/j.1365-2966.2004.08455.x. 
  7. Burgasser, Adam J.; Geballe, T. R.; Leggett, S. K.; Kirkpatrick, J. Davy; Golimowski, David A. (2006). "A Unified Near-Infrared Spectral Classification Scheme for T Dwarfs". The Astrophysical Journal 637 (2): 1067. Bibcode:2006ApJ...637.1067B. doi:10.1086/498563. 
  8. 9,0 9,1 Burgasser, Adam J.; Kirkpatrick, J. Davy; McGovern, Mark R.; McLean, Ian S.; Prato, L.; Reid, I. Neill (2004). "S Orionis 70: Just a Foreground Field Brown Dwarf?". The Astrophysical Journal 604 (2): 827. Bibcode:2004ApJ...604..827B. doi:10.1086/382129. 
  9. "T dwarfs". MIT.edu. Consultado o 08-02-2010.