Saltar ao contido

SUSE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SUSE
 Instancia de
 Parte de
 Forma xurídica
Persoas e organizacións
 Matriz
 Director/a executivo/a
Dirk-Peter van Leeuwen (en) Traducir 1 de maio de 2023
Melissa Di Donato (pt) Traducir xullo de 2019 - 22 de marzo de 2023
Nils Brauckmann - 5 de agosto de 2019 Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
2000 (2021)
1000 (maio de 2017) Editar o valor en Wikidata
 Entidades subsidiarias
Actividade
 Industria
Economía
 Ingresos totais
450000000 $ (2020)
303400000 $ (2017)
253800000 $ (2016)
214700000 $ (2015) Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Fundación
2 de setembro de 1992 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: SUSEWorldwide Twitter: SUSE Youtube: UCHTfqIzPKz4f_dri36lAQGA Musicbrainz: faf0541f-d34c-420c-9e47-53b6d17ea720 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Sede empresarial de SUSE in Nüremberg

SUSE é unha multinacional alemá adicada á venda de produtos empresariais baseados en Linux e desenvolvemento de código aberto e libre. Fundouse en 1992 e foi a primeira compañía en distribuír Linux para o sector empresarial. SUSE é a principal patrocinadora do "proxecto openSUSE", que desenvolve a distribución openSUSE. A compañía é unha empresa subsidiaria da Micro Focus International.

Véxase tamén: SUSE Linux Enterprise.
O boneco da mascota oficial de SUSE, un camaleón

SUSE desenvolve a plataforma "SUSE Linux Enterprise" para emprego en servidores e escritorio. O primeiro lanzamento desta edición comercial foi a plataforma "SUSE Linux Enterprise 10" en 2006.

A principal distribución para servidores Linux de SUSE é SUSE Linux Enterprise Server. Está deseñada para grandes organizacións e para ser empregada en ambientes físicos, virtualizados ou con acceso remoto (na "nube"). Todas as versións están preparadas para diferentes arquitecturas de procesadores, como Intel x86, ARM, AMD x86-64, IBM Power, IBM S/390 e a zSeries, ou Intel Itanium. A web de SUSE ten versións de proba das versións SUSE Linux Enterprise Server 11 e 12.

Produtos baseados no servidor

[editar | editar a fonte]
  • Servidor SUSE Linux Enterprise para aplicacións SAP Applications[1]
  • Punto de servizo SUSE Linux Enterprise, deseñado para sistemas operativos da industria da distribución e que inclúe versións de Linux específicas de puntos de puntos de acceso e servidores en tenda.
  • Computación de alto rendemento con SUSE Linux Enterprise,[2] , infraestrutura para supercomputadoras.
  • Extensión para clusters de alta capacidade con SUSE Linux Enterprise High Availability Extension[3]
  • Sistema operacional en tempo real con SUSE Linux Enterprise

Edicións especiais do servidor

[editar | editar a fonte]

SUSE Linux Enterprise Server (SLES) ten varias edicións derivadas do produto de servidor e creadas para contextos específicos de colaboradores.

Edicións para o escritorio

[editar | editar a fonte]

No grupo de edicións para o escritorio, a súa principal distribución é SUSE Linux Enterprise Desktop. É a sucesora de "Novell Linux Desktop".

SUSE ten dispoñible engadidos para SUSE Linux Enterprise Server que ofrecen capacidades da versión de escritorio.[7]

A suite ofimática LibreOffice distribúea SUSE e comercialízaa como parte de SUSE.[8]

Xestión e computación na nube

[editar | editar a fonte]

SUSE ten varios produtos para a xestións de software e servizos na nube:

  • "SUSE OpenStack Cloud", unha plataforma de computación automatizada na nube baseada en OpenStack. Serve para implementar e xestionar "infraestrutura como servizos" en espazos privados en liña.
  • "SUSE Manager", unha ferramenta de xestión de servidores Linux baseada en Spacewalk. Serve para o empaquetado, parcheado, provisión e monitorización de servidores.
  • "SUSE Enterprise Storage", unha ferramenta baseada de Ceph para o emprego eficiente e escalable do espazo en servidores e os seus discos duros.
  • "SUSE Studio"[9], é un servido web gratuíto para construír imaxes que conteñen sistemas operativos coa súa configuración, aplicacións e datos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]