SURFSAT-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SURFSAT-1
TipoTecnolóxicos
OrganizaciónUniversidade de Stellenbosch
Data de lanzamento4 de novembro de 1995, 14:22 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 7920[3][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[3][6]
NSSDC ID1995-059B
Masa55 kg[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7590 km[1]
Inclinación100,6 graos[1]
Apoapse1499,4 km[1]
Periapse940,3 km[1]

SURFSAT-1, acrónimo de Summer Undergraduate Research Fellowship SATellite, foi un satélite estadounidense lanzado como carga secundaria nun Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 4 de novembro de 1995.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

SURFSAT-1 foi construído por estudantes e polo JPL para apoiar experimentos feitos coa Rede do Espazo Profundo da NASA. Foi deseñado para imitar sinais de naves interplanetarias e radiar nas bandas X, Ku e Ka e permitir facer prácticas ao persoal das estacións de escoita.[3][5][6]

A nave estaba formada por dúas caixas de aluminio unidas á segunda etapa do foguete lanzador. O conxunto estabilizábase por gradente gravitatorio. Un panel solar proporcionaba ata 15 vatios de potencia. Os sinais emitíanse e recibíanse mediante tres antenas omnidireccionais, mentres que tres unidades detectoras de comandos mantiñan o sistema baixo control. O control térmico realizábase de maneira pasiva e non existía nin control de actitude nin baterías.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SURFSAT" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 4 June 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-84590(E)). 28 de xuño de 1996: 14. Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "SURFSAT" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Surfsat" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Surfsat 1" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "SURFSAT-1" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]