STS-41-B
| STS-41-B | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-41-B. | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 3 de febreiro de 1984, 13:00 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 7,97 días[6] |
| Obxectivo da misión | Posta en órbita de dous satélites e primeiro voo espacial sen ligazóns.[3][6] |
| Regreso | 11 de febreiro de 1984[6] |
| Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
| NSSDC ID | 1984-011A |
STS-41-B foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 3 de febreiro de 1984 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-41-B, con cinco astronautas a bordo (Vance Brand, Robert Gibson, Bruce McCandless, Ronald McNair e Robert Stewart), foi lanzada para poñer en órbita os satélites de comunicacións Westar 6 e PALAPA-B2. O fallo da etapa PAM-D en ámbolos dous satélites deixounos en órbita baixa. Os dous satélites foron recuperados e devoltos a terra na misión STS-51-A. Durante a STS-41-B tivo lugar o primeiro paseo espacial sen ligazóns, realizado por Bruce McCandless coa mochila MMU (Manned Maneuvering Unit). Os astronautas levaron tamén a cabo diversos experimentos e puxeron en órbita e recuperaron a plataforma SPAS, construída por Alemaña e usada por primeira vez na misión STS-7, converténdose no primeiro satélite en ser posto en órbita unha segunda vez.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de febreiro de 1984.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 41B" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- 1 2 "Note by the Secretariat" (PDF) (84-14227). 4 de xuño de 1984: 3. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 41B" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS 41-B" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-41-B" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ NASA (23 de novembro de 2009). "STS-41B" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-41-B |