Robert L. Gibson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Robert Gibson»)
Robert L. Gibson
Datos persoais
Nacemento30 de outubro de 1946
LugarCooperstown
CónxuxeMargaret Rhea Seddon
Actividade
MisiónsSTS-41-B, STS-61-C, STS-27, STS-47 e STS-71
Tempo no espazo36,18 días
PremiosDistinguished Flying Cross, Medalla do Aire, Nacional Aviación Hall of Fame, United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

Robert Lee "Hoot" Gibson, nado en Cooperstown (Nova York) o 30 de outubro de 1946, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-41-B, STS-61-C, STS-27, STS-47 e STS-71.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gibson graduouse en enxeñería polo Colexio Comunitario do Condado de Suffolk en 1966 e en enxeñería aeronáutica pola Universidade Politécnica do Estado de California en 1969.[1]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978. Participou nas misións STS-41-B, STS-61-C, STS-27, STS-47 e STS-71, pasando un total de 36,18 días no espazo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Gibson, Robert Lee 'Hoot'" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2020. 
  2. NASA, ed. (setembro de 1997). "ROBERT L. GIBSON (CAPTAIN, USN RET.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]