STS-7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-7
Lanzamento da misión STS-7.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento18 de xuño de 1983, 11:33 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión6,10 días[6]
Obxectivo da misiónSegundo voo do Challenger, posta en órbita do Anik C-2 e do Palaba B-1, experimentos co laboratorio OSTA-2.[3][6]
Regreso24 de xuño de 1983[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1983-059A

STS-7 foi a segunda misión do transbordador espacial Challenger, lanzada o 18 de xuño de 1983 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-7, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita os satélites Anik C-2 e Palapa B-1, así como facer experimentos coa carga OSTA-2. A tripulación, formada polo comandante Robert L. Crippen, o piloto Frederick H. Hauck e os especialistas de misión John M. Fabian, Sally K. Ride e Norman E. Thagard, soltou tamén a plataforma SPAS-01 para recuperala máis tarde. Na STS-7 Sally Ride converteuse na primeira muller estadounidense no espazo.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 24 de xuño de 1983.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 7" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note by the Secretariat" (PDF) (83-04858). 5 de marzo de 1984: 6. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 7/OSTA 2" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-7" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-7" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-7" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]