Michael J. Massimino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael J. Massimino
Datos persoais
Nacemento19 de agosto de 1962
LugarNova York
Actividade
MisiónsSTS-125 e STS-109
Tempo no espazo23,83 días
PremiosNASA Space Flight Medal
editar datos en Wikidata ]

Michael James Massimino, nado en Oceanside, Nova York, o 19 de agosto de 1962, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-125 e STS-109.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Massimino graduouse en enxeñaría industrial pola Universidade de Columbia en 1984 e é máster en enxeñaría mecánica e tecnoloxía e política polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) en 1988. Ten un grao en enxeñaría mecánica polo MIT en 1990 e un doutoramento na mesma materia polo MIT en 1992.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1996, participando nas misións STS-125 e STS-109 e pasando un total de 23,83 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Massimino, Michael James" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xullo de 2014). "MICHAEL J. MASSIMINO (PH.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]