SEDSAT 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SEDSAT 1
OrganizaciónUniversidade de Alabama
Data de lanzamento24 de outubro de 1998[1][2]
Foguete portadorDelta 7326[2][3]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 17A[2][4]
Obxectivo da misiónDemostracións tecnolóxicas[2][4]
NSSDC ID1998-061B
Masa36,0 kg[2][3][4]
DimensiónsForma de caixa de 32,13 x 32,13 x 35,43 cm[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7168 km[1]
Inclinación31,4 graos[1]
Apoapse1046,5 km[1]
Periapse549,4 km[1]

SEDSAT (acrónimo de Students for the Exploration & Development of Space - Satellite 1) é un satélite artificial da Universidade de Alabama lanzado o 24 de outubro de 1998 mediante un foguete Delta 7326 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida, no mesmo voo que a sonda Deep Space 1.[2][3]

Características[editar | editar a fonte]

SEDSAT cae na categoría de microsatélite pola súa baixa masa, de só 34 kg. Foi deseñado como un satélite experimental para sacar fotos da Terra e distribuilas a través de Internet e para funcionar como ligazón para radiocomunicacións afeccionadas.[2][3]

A nave tiña forma de caixa de 32,13 x 32,13 x 35,43 cm e orixinalmente debía ser lanzada mediante un sistema de cable desde un transbordador espacial pero debido a cuestións de seguridade decidiuse lanzalo como carga secundaria desde un Delta 7326.[2][3]

O satélite tivo problemas co seu sistema de enerxía desde a súa entrada en órbita, e nin a cámara de a bordo nin o sistema de radiocomunicacións afeccionadas chegaron a funcionar nunca, con tan só o sistema de telemetría dando sinais de vida.[2][3]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SEDSAT 1" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "SEDSAT 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SEDSat 1 (SO 33, SEDSat-OSCAR 33)" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2017). "SEDSAT" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2017.