SECS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SECS / Special Experimental Communication System / TERCEL
TipoExperimental, de comunicacións
OrganizaciónArmada dos Estados Unidos de América
Data de lanzamento5 de abril de 1990[1][2][3]
Foguete portadorPegasus[3][4]
Sitio de lanzamentoBase Edwards da Forza Aérea[3][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[3][5]
NSSDC ID1990-028B
Masa25 kg[4]
Datos orbitais
Semieixo maior6852 km[1]
Inclinación94,1°[1]
Apoapse533,8 km[1]
Periapse429,7 km[1]

SECS, acrónimo de Special Experimental Communication System, e tamén nomeado ás veces como TERCEL, foi un satélite artificial da Armada dos Estados Unidos de América lanzado o 5 de abril de 1990 mediante un foguete Pegasus desde a Base Edwards da Forza Aérea.[2][3][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

SECS era un satélite de comunicacións experimental do tipo "gardar e enviar": ao pasar sobre unha estación recibía información que gardaba a bordo e a transmitía a outra estación diferente ao sobrevoala. O satélite tiña un deseño parecido ao GLOMR, con forma de poliedro de 62 caras e 0,6 m de diámetro, pero máis capacidade de almacenamento, máis redundancia e equipamento deseñado especificamente para o espazo. A enerxía eléctrica era producida por células solares cubrindo a superficie do satélite. SECS funciounou durante 3,5 anos.[3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "USA 55" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 17 January 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (92-02818). 21 de xaneiro de 1992: 7. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 NASA (3 de decembro de 2023). "SECS" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "SECS (Chalk Tercel 2 ?, GLOMR 2)" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2023). "SECS" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]