SEAT 1500
SEAT 1500 | |
![]() | |
Nome | SEAT 1500 |
Construtor | SEAT |
Empresa matriz | Instituto Nacional de Industria |
Produción | 1963 - 1973 (134.766 unidades) |
Montaxe | Barcelona Zona Franca, ![]() |
Antecesor | SEAT 1400 |
Sucesor | SEAT 132 |
Tipo | Automóbil de turismo |
Segmento | D |
Motor | 1481 cc gasolina 1767 cc diésel 1988 cc diésel (72, 46 e 55 CV) |
Carrozaría | Sedán catro portas Familiar cinco portas Furgoneta dúas portas Camioneta dúas portas |
Configuración | Motor dianteiro lonxitudinal, tracción traseira |
Dimensións | 4.465 x 1.620 x 1.431 mm. |
Peso | 1.210 kg. |
Relacionado | Fiat 1800/2100, Fiat 2300, Fiat 1300/1500 |
Deseñador | Dante Giacosa |

O SEAT 1500 é un modelo de automóbil de turismo familiar, producido polo fabricante español SEAT entre os anos 1963 e 1972, con licenza da empresa Fiat. O modelo 1500 foi o sucesor do SEAT 1400 C, empregando a mesma carrocería, pero cun motor novo e certos detalles diferentes no deseño do velocímetro. O SEAT 1500 pertence ó segmento de vehículos con motor dianteiro, tracción traseira e 4, 5 ou 2 portas segundo as versións.
O motor orixinal de gasolina tiña 4 cilindros en liña, 1481 cc e producía 72 cabalos de potencia. Nas posteriores versións, o coche montou novos motores diésel. O motor diésel de 1767 cc producía 46 CV, e o motor diésel de 1988 cc ofrecía unha potencia de 55 CV.
O SEAT 1500, do cal se produciron 134.766 unidades, foi substituído en 1973 polo SEAT 132.