SARAL

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SARAL / Satellite with ARgos and ALtika
Lanzamento de SARAL.
TipoObservación terrestre
OrganizaciónISRO, CNES
Data de lanzamento25 de febreiro de 2013[1][2]
Foguete portadorPSLV-CA[2][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Satish Dhawan[2][4]
Obxectivo da misiónObservación da Terra.[2][4]
NSSDC ID2013-009A
Masa346 kg[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7162 km[1]
Inclinación98,5°[1]
Apoapse792,2 km[1]
Periapse790,3 km[1]

SARAL, acrónimo de Satellite with ARgos and ALtika, é un satélite artificial colaboración do CNES francés e o ISRO indio lanzado o 25 de febreiro de 2013 mediante un foguete PSLV-CA desde o Centro Espacial Satish Dhawan.[2][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de SARAL era complementar ao satélite Jason 2 mediante a realización de medicións altimétricas. Os seus obxectivos eran:[2][3][4]

  • Facer medicións precisas e globais da altura da superficie mariña, altura das ondas e a velocidade do vento para mellorar os modelos climáticos, mellorar as predicións meteorolóxicas e facer estudos oceanográficos.
  • Asegurar a continuidade da obtención de datos altimétricos globais comezada con Jason 1 e Envisat.
  • Formar parte dun sistema global de observación oceánica.

SARAL, de 346 kg de masa, leva a bordo dous instrumentos: o altímetro AltiKa de alta resolución, traballando en banda Ka (a 35 GHz), que tamén fai medicións radiométricas; e o sistema Doris de orbitografía de precisión xunto cun retrorreflector láser.[2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "SARAL" (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "SARAL" (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "SARAL" (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Mark Wade (2023). "SARAL" (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]