Saltar ao contido

Síndrome de Kleine-Levin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Síndrome Kleine-Levin»)
Síndrome de Kleine-Levin
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
 Instancia de
Características
 Especialidade médica
Códigos e identificadores
Freebase/m/09zp8l Editar o valor en Wikidata
MeSHD017593 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC84800 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB29520 Editar o valor en Wikidata
CIE-111180849398 Editar o valor en Wikidata
CIE-10G47.8 Editar o valor en Wikidata
CIE-9327.13 Editar o valor en Wikidata
OMIM148840 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A síndrome de Kleine-Levin consiste nunha hipersomnia recorrente asociada a trastornos alimentarios (hiperfaxia), sexuais (desinhibición sexual) e psíquicos.

Características

[editar | editar a fonte]

A característica fundamental desta síndrome é que cursa en gromos e as súas formas incompletas son as máis frecuentes. Aparece en adolescentes de sexo masculino e a súa etioloxía é descoñecida. As hipóteses fisiopatolóxicas inclúen unha disfunción hipotalámica e anomalías no metabolismo da dopamina e a serotonina. Os síntomas clínicos recorrentes, unidos á idade de comezo e á existencia de factores infecciosos no seu inicio suxiren unha etioloxía autoinmune.

Describiuse unha variante no sexo feminino, que consiste nunha hipersomnia periódica asociada coa menstruación. Nos períodos asintomáticos, a vixilia e o comportamento dos pacientes son completamente normais. O diagnóstico é esencialmente clínico e os exames complementarios realízanse para descartar unha hipersomnia recorrente de causa orgánica (tumores do terceiro ventrículo, traumatismos craneoencefálicos, ictus) ou psíquica (neurose, depresión).