Símbolo de Marte
Aparencia
O símbolo de Marte, tamén coñecido como lanza de Marte ou frecha de Ares (♂), é unha figura formada por un círculo e unha frecha inclinada que xorde do primeiro e apunta cara a dereita. Na antigüidade interpretábase como o escudo e a lanza do deus da guerra Marte ou Ares. O símbolo ten a entrada Unicode U+2642.
Emprégase como representación histórica da figura mitolóxica en numerosos campos. Entre eles inclúense:
Na ciencia:
- O sexo masculino.
- O planeta Marte.
- O elemento químico ferro.
Na mitoloxía:
Outros:
- O masculino.
- En documentos medievais e barrocos, simbolizaba o día martes.
- É parte do logotipo de Volvo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Símbolo de Marte |