Sáfrax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sáfrax (? - aproximadamente 400) foi un duque ostrogodo que liderou o seu pobo tras a morte do rei Vitimiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde o 376 tras a guerra contra os hunos, conduciu ao seu pobo, xunto con Alateo, cara ao Imperio Romano. Así, participou xunto con Alateo na batalla de Adrianópole no 378.