Viderico
Viderico | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | valor descoñecido |
Pai | Vitimiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Viderico foi fillo de Vitimiro e, rei dos ostrogodos (376 - ?).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nomeárono rei despois da morte de seu pai. Como era moi pequeno tivo dous rexentes, Alateo e Sáfrax. Os tres e unha parte non dominada do seu pobo, cruzaron xunto cos visigodos o Danubio chegando ao territorio romano.
Alateo e Sáfrax uníronse á revolta de Fritixerno e con el participaron da Batalla de Adrianópole en 378. Tras ese período a única cousa que se sabe sobre os tres é que foron instalados xunto co seu pobo polo emperador Graciano na Panonia.