Saltar ao contido

Río Valira

Modelo:Xeografía físicaRío Valira
Imaxe
Tipocurso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaAndorra e Alt Urgell, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaCataluña, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Segre Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°23′14″N 1°27′35″L / 42.387222222222, 1.4597222222222
42°20′45″N 1°26′33″L / 42.3458, 1.4425
Afluentes
Conca hidrográficaConca do Ebro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións44 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica591,6 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal10,3 m³/s Editar o valor en Wikidata
O río Valira en Encamp

O río Valira (dito la Valira ou el Valira, indistintamente en catalán) é un pequeno río pirinaico, de 44 km de lonxitude, afluente do río Segre pola dereita, que vertebra a maior parte da hidroloxía de Andorra, excepto a parte que drena o río Arièja (Ariège en francés).

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Valira nace no circo de Els Pessons, na parroquia de Encamp (Andorra). Logo dunha ampla curva cara ao norte e occidente, o río toma un sentido sur, dirixíndose a Andorra la Vella a capital do país, que atravesa. Pouco despois da localidade de Sant Julià de Lória, o Valira entra en Cataluña, pola provincia de Lleida, desembocando no río Segre algo máis ao sur de La Seu d'Urgell.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Un afluente no curso superior teñen tamén o nome de Valira, o Valira d'Ordino (dito tamén da Massana, do Nord ou ribera de Ordino) e o propio Valira é dito Valira d'Encamp (dito tamén de Orient, de Canillo ou de Soldeu). Ambos os dous únense en Escaldes-Engordany, recibindo o Valira d'Ordino pola beira dereita.

Un afluente, pola esquerda, do Valira, o río Runer, fai de fronteira entre Andorra e España.

Réxime hídrico

[editar | editar a fonte]

O réxime do Valira, un típico río curto de montaña, é de tipo nival.