Saltar ao contido

Río Songhua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Songhua
(mn) ᠰᡠᠩᡤᠠᡵᡳ ᡠᠯᠠ
(zh) 松花江
(zh) 海西 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaHeilongjiang, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLago do Céu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaKrai da Transbaicália, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Amur Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°43′40″N 127°13′26″L / 42.7278, 127.2239
47°42′22″N 132°31′04″L / 47.706064, 132.517661
Afluentes
Nen River (en) Traducir, Mudan River (en) Traducir, Huifa He (en) Traducir, Hulan River (en) Traducir, Shaoling He (en) Traducir, Chalin He (en) Traducir, Yinma River (en) Traducir, Lalin He (en) Traducir, Second Songhua River (en) Traducir, Nemor River (en) Traducir, Tangwang He (en) Traducir, Mayi (en) Traducir, Ashi River (en) Traducir, Q22101445 Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaconca do río Amur Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1.434 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica524.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal2.470 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Songhua (en chinés: 松花江, pinyin: Sōng Hūa Jīang) ou Sunggari Ula ("río branco") en lingua manchú (tamén Haixi ou Xingal, en ruso: Сунгари Sungari) é un río asiático que discorre polo nordés da China, o maior dos afluentes do río Amur. Ten unha lonxitude de 1434 km, drena unha gran conca de 557 180 km².[1][2] e ten un caudal anual de 2463 .[3]

Administrativamente, discorre polas provincias chinesas de Heilongjiang e Jilin.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
O río ao seu paso por Jilin

O río Songhua nace na vertente occidental das montañas Changbai, non lonxe da fronteira con Corea do Norte, na provincia de Jilin. Encamíñase en dirección norte-noroeste e chega a un tramo en que está represado, preto de Fengman, unha importante central hidroeléctrica que forma un lago que se estende uns 62 km augas arriba. Ao pasar a presa, o río chega á capital Jilin e despois á cidade de Fuyu. Continúa augas abaixo na mesma dirección ata recibir, preto de Daan, ao seu principal afluente, o río Nen (1370 km), que chega do norte.

Na confluencia o río Songhua cambia abruptamente de dirección e diríxese cara ao leste. Nese mesmo punto o río comeza un longo tramo no que forma a fronteira natural entre as provincias de Jilin (sur) e Heilongjiang (norte). O río segue cara ao leste, recibindo preto de Harbin o río Hulan. Despois, cruza entre a parte norte e leste do sistema de montañas de Manchuria e a cordilleira de Khingan, para despois penetrar no val do río Amur e desembocar nel preto da cidade de Dongjiang.

O río Songhua adoita conxelarse dende finais de novembro ata marzo. O seu período de maior caudal ocorre cando a neve das montañas se derrite ao comezo da primavera. O río é navegábel ata Harbin mediante embarcacións de tamaño mediano. Se estas son pequenas, poden navegar ata Jilin e polo río Nen, terminando en Qiqihar.

Imaxe de satélite do río Songhua ao leste de Harbin

En novembro de 2005 o río foi contaminado con benceno, provocando o peche do abastecemento de auga de Harbin.[4] O derramamento cubriu 80 km e finalmente chegou ao río Amur (Heilong) na fronteira entre a China e Rusia.[5] O 28 de xullo de 2010 varios milleiros de toneis procedentes de dúas plantas químicas na cidade de Jilin foron arrastradas polas riadas. Algúns deles contiñan 170 kg de material explosivo como cloruro de trimetilsilo e hexametildisiloxano.[6][7] En 2016, a parte máis achegada á cidade de Jilin foi afectada por unha pequena inundación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]