Río Ouro
Río Ouro | |
---|---|
País | España |
Comunidade Autónoma | Galicia |
Nacemento | Alto da Cruz Serra do Xistral[1] |
Lonxitude | 30 km [2] |
Conca | 188,9 km² [2] |
Caudal medio | 3,4 m³/s [2] |
Caudal relativo | 18,2 L/s/km² [2] |
Desembocadura | Mar Cantábrico |
Altitude desembocadura | 0 m |
Cuncas dos ríos que verten entre as rías de Viveiro e Foz (azul) | |
O río Ouro pertence á vertente cantábrica e recorre os concellos de Valadouro, Alfoz e Foz ata chegar ao esteiro ou ría de Fazouro.[3] Nace na serra do Xistral, na parroquia do Pereiro (Alfoz) a uns 700 ou 800 metros de altitude e desemboca en Fazouro (Foz). Ten un percorrido de 30 quilómetros e forma o límite natural entre os dous concellos que conforman o chamado Val do Ouro: O Valadouro e Alfoz.
Agás as áreas do seu nacemento, as ribeiras do río Ouro e o seu esteiro están protexidas como zona especial de conservación (ZEC) río Ouro.[3]
Intervención humana
[editar | editar a fonte]Aproveitamento
[editar | editar a fonte]Na súa parte alta está a fervenza do Escouridal. Nese tramo predominan os rápidos e augas claras con abundante troita común, de pequeno tamaño. A medida que chega ao val, o río ensánchase e as súas augas discorren máis lentas, dando lugar a meandros, largas táboas e pozas. Na súa parte baixa (parroquias de Santo Acisclo e Fazouro) pódese pescar o reo, especie que todos os anos remonta o río procedente da ría para desovar.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Se as penas de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga e o río de Ouro viño mouro, non había terra coma o Valadouro [4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Geográfico Nacional de España. "Iberpix. Buscar Campo da Cruz (paraxe), segundo que aparece na lista" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 15/11/2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 130. ISBN 978-84-8341-136-0.
- ↑ 3,0 3,1 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120013 Río Ouro". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ Oirán é parroquia de Mondoñedo; A Frouseira, unha montaña entre os concellos de Foz e Alfoz; e o río Ouro nace e desemboca no concello de Foz. O Valadouro é concello ó norte da provincia de Lugo.
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |