Río Orinoco
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | América do Sur | |||
País da cunca | Venezuela | |||
Final | ||||
Localización | Mar Caribe, Canal do Cassiquiare (pt) e Delta Amacuro (pt) | |||
Desembocadura | Mar Caribe | |||
| ||||
Afluentes | 28 | |||
Conca hidrográfica | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Dimensións | 2.140 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 989.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 30.000 m³/s | |||
O río Orinoco é un dos ríos máis longos de Suramérica. Nace en Parima, Venezuela, preto da fronteira co Brasil, fai un grande arco primeiro cara ao noroeste, despois cara ao oeste, e logo cara ao norte, ata a fronteira con Colombia, para tomar dirección nordeste cara ao océano Atlántico, percorrendo un total de 2.140 quilómetros.
A desembocadura forma un inmenso delta, ramificado en centos de ríos que abarcan unha extensión de 41.000 km² de selva húmida. A maioría dos ríos de Venezuela son tributarios do Orinoco, o máis grande deles é o río Caroní. O Orinoco é navegable en practicamente toda a súa extensión, permitindo o tráfico de barcos oceánicos ata Ciudad Bolívar, a 435 km da desembocadura.
O río Casiquiare forma unha canle natural entre o Orinoco e o Amazonas. Iníciase como un brazo do Orinoco pero remata desembocando no río Negro que é un afluente do Amazonas.
A rexión de chairas aluviais ó norte do Orinoco, cuxa altitude non supera os 100 m, inúndase na época de choivas, deixando o resto do ano terreos cunha vexetación de pasteiros tropicais de sabana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Orinoco |