Saltar ao contido

Río Oja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Oja
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaA Rioxa, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra de la Demanda Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaprovincia de Burgos, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Tirón Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°34′02″N 2°54′55″O / 42.5672, -2.9153
Conca hidrográficaConca do Ebro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións65 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.270 km² Editar o valor en Wikidata
O río Oja o seu paso por Casalarreina.

O Oja é un curto río do norte de España, un afluente do río Tirón que dá nome á comunidade da Rioxa e á veciña comarca da Rioxa Arabesa, segundo unha das teorías sobre a orixe deste nome. Nace na serra da Demanda, no monte das Herguijuelas, xunto ao porto da Demanda, a uns 2.000 msnm. Pasa por Posadas, Ayabarrena, San Antón, Zaldierna, Ezcaray, Ojacastro, Santurde, Santo Domingo de la Calzada, Villalobar, Baños de Rioja, Castañares, Casalarreina, e desemboca no río Tirón antes de chegar a Anguciana, preto da localidade de Cihuri.

Tamén se lle denomina La Hilera ou río Glera, termo este último que significa acumulación de cascajo. Esta característica da canle fai que este practicamente desapareza en Ojacastro e volva aparecer en Castañares.