Saltar ao contido

Río Lea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Lea
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLaga Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaSan Xiao de Mos, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBeloi Editar o valor en Wikidata
Desembocadurarío Miño Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°10′06″N 7°32′48″O / 43.1683, -7.5467
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións23,5 (lonxitude) km

O Lea é un río galego da provincia de Lugo, afluente do Miño pola esquerda.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Lea nace preto do lugar de Laga, no sur do concello de Pol, e logo de atravesalo pasa ao concello de Castro de Rei, desaugando no Miño neste municipio, na aldea de Beloi. A súa lonxitude é de 23,5 km.

É un río de chaira, que pode desbordar cando hai chuvias extraordinarias.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Destacan pola esquerda o río de Guimarás e o rego dos Corvos.

Réxime hídrico

[editar | editar a fonte]

É un río de réxime pluvial, de tipo oceánico, consonte a pluviometría media da súa conca, estabelecida en 1.000 mm anuais.

Recibe ese nome por atravesar a freguesía de Lea, no concello de Pol. Hai un río homónimo no País Vasco, que de seguro non ten que ver co nome do río galego. Como hai varias localidades galegas con este mesmo nome, o máis seguro, é que procedan dun posesor. Posibelmente remonte a unha *(villa) Eileuva / *(villa de) Eileuva, dun onomástico xermánico en nominativo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.