Saltar ao contido

Río Guadalete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Guadalete
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Cádiz, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia de Cádiz, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBaía de Cádiz Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°45′21″N 5°23′42″O / 36.7558, -5.395
36°34′44″N 6°14′30″O / 36.578889, -6.241536
Afluentes
Características
Dimensións159 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica3.360 km² Editar o valor en Wikidata

O Guadalete é un río español que corre pola provincia de Cádiz, en Andalucía. Rende as súas augas directamente no océano Atlántico, logo de 138 km de percorrido.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Guadalete nace na serra de Grazalema, no Cerro de San Cristóbal, a unha altura de aproximada de 1000 m. Inicialmente as súas augas toman un sentido noroeste, mais ao pouco de recibir o Guadaporcín, emprende un decidido camiño cara suroeste, para abandonar logo as montañas en Puerto Serrano, topónimo significativo, e entrar na grande chaira da cunca baixa do Guadalquivir. Ao longo do seu curso pasa por algunhas das localidades coñecidos como "poboacións brancas" de Andalucía como Algodonales, Bornos ou Arcos de la Frontera. Desauga en Puerto de Santa María, na baía de Cádiz.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

É un río de réxime pluvial, pero con caudal abundante ao recoller as augas das abundantes chuvias da serra de Grazalema, unha das paraxes con maior pluviosidade de España.

O río é famoso historicamente por contender nas beiras, na batalla do Guadalete, no ano 711, as tropas árabes, ao mando de Tariq, co exército visigodo, ao que derrotaron, abrindo a vía para a conquista musulmá de Hispania en poucos anos. Porén algúns historiadores sosteñen que o choque tivo lugar na lagoa da Janda.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O primeiro elemento é facilmente identificábel co árabe wadi "corrente de auga"; o segundo permanece escuro, e só o lexicógrafo portugués José Pedro Machado (Vocabulario portugués de origem árabe. 1991) se atreve a comparalo co nome do luso Odeleite (ode- < wadi), e ambos co marroquino Wad-al-Laban, literalmente "río do leite", preto da cidade de Fez. Implicitamente Machado da a entender que Guadalete e Odeleite serían híbridos árabo-romances, o que non é raro, cfr. Guadalupe. As explicación de -lete, como o mítico Letheo ou "río do esquecemento" son a típica invención de eruditos da Idade Moderna, elaboradas nunha época precientífica da Filoloxía.