Saltar ao contido

Río Garigliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Garigliano
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaItalia Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar Tirreno Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°24′35″N 13°51′46″L / 41.409808, 13.862858
41°13′23″N 13°45′44″L / 41.2231, 13.7622
Afluentes
Río Liri, Sacco (en) Traducir, Gari (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións38 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica5.020 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal120 m³/s Editar o valor en Wikidata

O Garigliano é un pequeno río do centro de Italia, que desemboca no Mar Tirreno a uns 70 km ao noroeste de Nápoles, logo de fluír por 38 km. As súas beiras ten sido escenario de varias importantes batallas.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Garigliano está formado pola confluencia dos ríos Gari e Liri. Na maior parte do seu curso serve de límite administrativo entre as rexións do Lacio e a Campania. Desemboca no golfo de Gaeta, sito sobre o Mar Tirreno.

O sistema Garigliano-Liri acada 158 km de lonxitude.

O río ten sido escenario de numerosas batallas ao longo dos séculos, como por exemplo a da vitoria de Guido de Spoleto sobre sarracenos en 885.

Durante moito tempo constituíu a fronteira meridional dos Estados Pontificios, e foi coñecido co nome de río Verde.

En decembro de 1503, o cabaleiro Bayard, sen medo e sen chata, xunto con Pierre Terrail de Bayard cubriu a retirada dun exército francés fronte a un grupo de tropas do rei de España, impedíndolles pasar a ponte do Garigliano. Máis tarde foi relevado por outros compañeiros. Á fin os franceses foron derrotados polas tropas hispanas.

En 1860 as tropas do rei de Nápoles, foron derrotadas nas súas beiras polos voluntarios garibaldinos.

Durante a segunda guerra mundial, o Garigliano serviu de apoio á liña Gustav, un sistema defensivo alemán, qui foi escenario da batalla de Monte Cassino en 1944.

Explotación

[editar | editar a fonte]

Actualmente as súas augas son empregadas para regadíos e para usos industriais. Houbo sobre as marxes unha central termonuclear, preto da cidade de Sessa Aurunca, construída en 1964, que foi desactivada no ano 1982.