Río Eifonso
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Eifonso.
Tipo | curso de auga | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Pontevedra, España | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia de Pontevedra, España | |||
Localización | río Lagares | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 6 () km | |||
O río Eifonso é un río galego que transcorre integramente polo concello de Vigo. Afluente do río Lagares, constitúe un dos espazos naturais con maior valor ecolóxico do concello vigués.[1] Recibe o seu nome da aldea de Eifonso, da parroquia de Bembrive.
Descrición
[editar | editar a fonte]Nace no Monte das Lagoas,[Cómpre referencia] próximo ao campus universitario vigués, a unha altura de 450 metros. Transcorre polas parroquias de Beade, Bembrive e Sárdoma, onde desauga no Lagares, tras percorrer 6 quilómetros. Á súa beira transcorre unha ruta de sendeirismo que atravesa fragas de ribeiras únicas no concello[1], muíños e unha fervenza. No camiño está o antigo poboado de Bene Vívere (Bembrive), xa abandonado, erguido no século X.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fervenza do río Eifonso en Bembrive, Vigo.
-
Ribeira do río Eifonso.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Recorrido Eifonso en Las mejores rutas de senderismo, Faro de Vigo.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |