Saltar ao contido

Ría de Avilés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRía de Avilés
Imaxe
Tiporía Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMar Cantábrico e Alvares (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAsturias, España e Avilés, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°35′34″N 5°56′08″O / 43.59278, -5.93556
Afluentes
Alvares (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

A Ría de Avilés atópase en Asturias, e está localizada no mar Cantábrico, próxima á localidade homónima. Trátase dun esteiro natural, que desemboca ao mar pola localidade de San Juan de Nieva.

Información xeral

[editar | editar a fonte]

A ría leva dirección norte no seu lado máis próximo á cidade, tomando dirección noroeste a partir da curva de Pachico. Está situada nunha falla tectónica, coñecida como Falla de Ventaniella, que provocou pequenos tremores ao longo da historia. Na súa conca desembocan pequenos ríos como o río Raíces, o río da Magdalena ou o río de Vioño. A barra de saída da ría sempre sufriu problemas de colmatación, obrigando a dragados periódicos. A extensión da ría era maior noutros tempos. A marismas ocupaban a zona na que se sitúa o actual Parque del Muelle, sendo desecadas a finais do século XIX. Na proximidade da ría, a poucas millas da costa, atópase o canón de Avilés, sima abisal na que se ten constancia da existencia da lura xigante. Dende o ano 2003 estase a realizar unha importante labor de limpeza dos lodos contaminados da ría. A causa a grande contaminación de décadas pasadas, deixaran a ría en moi mal estado dende o punto de vista ecolóxico.[1] Aínda así,quedan restos das antigas marismas de grande valor ecolóxico, sobre todo pola presenza de aves migratorias, coma a enseada de Llodero, a punta de Recastrón e a charca de Zeluán.

Ría e porto

[editar | editar a fonte]
Final da ría: Novo paseo da ría de Avilés.

A ría tal como a coñecemos hoxe é a ampliación do porto de Avilés sufrida na década dos cincuenta ao implantarse Ensidesa (hoxe Arcelor),[1] para dar saída e entrada aos produtos metalúrxicos que se ían fabricar na nova factoría. Hoxe en día a ría está arrodeada de importantes empresas como son Alcoa, Cristalería Española, Asturiana de Zinc etc. Na marxe oeste da ría atópase tamén a lonxa de Avilés, a confraría de pescadores e o porto deportivo, cuxo número de amarres está experimentando un gran crecemento nos próximos anos. Os peiraos industriais son o de Raíces, o de San Juan de Nieva e o de San Agustín. Preto deste último vaise edificar o centro cultural Oscar Niemeyer. Está previsto que no ano 2008 empecen as obras da marxe dereita da ría, que farán que os atraques teñan continuidade dende o peirao de Alcoa ata a dársena de San Agustín, moi preto do Niemeyer e do novo porto deportivo.

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2007. Consultado o 14 de xuño de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]