Ruta das Pedras (Redondela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Petróglifo da Pedreira, un dos elementos arqueolóxicos da ruta das Pedras.
Igrexa parroquial de San Martiño de Ventosela.

A ruta das Pedras é unha ruta de sendeirismo sito na parroquia redondelá de San Martiño de Ventosela. O seu nome provén das múltiples formacións rochosas que se atopan ao longo do camiño. Ten un percorrido circular e conta cunha lonxitude de 10 km.

Características[editar | editar a fonte]

O itinerario, que ten unha duración aproximada de tres horas e unha lonxitude de 10 km, é un sendeiro circular que comeza na Casa Cultural de Ventosela e remata no mesmo punto. A ruta ascende pola montaña até chegar ao punto máis alto, lugar onde se atopa a pedra Taió. Dende o cumio da montaña pódese observar a ría de Vigo e a enseada de San Simón.[1]

Patrimonio arqueolóxico[editar | editar a fonte]

O patrimonio arqueolóxico da ruta das Pedras conta cos seguintes elementos de interese:[2]

  • Conxunto rupestre da Pedreira: está formado por varios petróglifos con figuras ecuestres e figuras circulares concéntricas.
  • A Pedra que Fala: trátase dunha formación pétrea en forma de cova que permite entrar no seu interior. Ao se producir un son, a estrutura da construción fai que se produza unha reverberación acústica que semella a unha persoa a falar.
  • Pedra Taió: constitúe o punto máis alto do percorrido. A súa estrutura simula un pequeno refuxio.
  • Laxe das Abellas: tamén coñecida coma Pedra das Abellas por existiren panais de abellas para a produción de mel no seu interior. Trátase dun conxunto de grandes formacións rochosas compostas de granito das que na actualidade saen pequenos regatos procedentes de mananciais da montaña.
  • Pedras Agudas
  • Pedra Erosionada

Patrimonio arquitectónico[editar | editar a fonte]

No seu percorrido tamén pasa pola igrexa parroquial de Ventosela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ruta das Pedras". Páxina Oficial de Turismo de Redondela. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2014. 
  2. Faro de Vigo (ed.). "El encanto de las piedras". Consultado o 4 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]