Rugby en Afganistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Equipo de rugby afgán.

Rugby é un deporte relativamente novo en Afganistán, mais a súa popularidade está en aumento.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro equipo local foi creado no ano 2011 e disputou o seu primeiro partido, cos pés descalzos, contra soldados das forzas especiais de Nova Zelandia na Zona Verde de Cabul[1]. O primeiro torneo de rugby oficial en Afganistán foi patrocinado pola Embaixada Británica en decembro de 2011[2]. O primeiro partido internacional de Afganistán, en categoría rugby 7, foi o 27 de abril de 2012 contra os Emiratos Árabes[3]. Tamén ten programado participar no Sevens Bournemouth en Glastonbury en xuño de 2012[1].

A Federación de Rugby de Afganistán[editar | editar a fonte]

A Federación de Rugby de Afganistán (ARF) foi rexistrada no Comité Olímpico Nacional, na República Islámica de Afganistán no ano 2010[3][4].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]