Rubillón, Baíste, Avión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rubillón»)
Rubillón

Capela de San Xoán
ParroquiaBaíste
ConcelloAvión
Coordenadas42°26′44″N 8°18′15″O / 42.445555555556, -8.3041666666667Coordenadas: 42°26′44″N 8°18′15″O / 42.445555555556, -8.3041666666667
Poboación68 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Rubillón é un lugar da parroquia de Baíste no concello ourensán de Avión, na comarca do Ribeiro. Segundo o INE[1] e do IGE[2] en 2011 tiña 68 habitantes (34 homes e 34 mulleres), dous menos ca en 2010 (33 homes e 33 mulleres). Segundo o IGE en 2009 tiña 67 habitantes (35 homes e 32 mulleres), 27 menos ca en 1999.

A aldea ten numerosas vivendas de construción recente, propiedade de emigrantes retornados de México. A súa arquitectura contrasta coas casas vellas de construción popular, moitas delas en situación de abandono.

Neste lugar e mais no de Baíste rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción en 1984.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Baíste[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Baíste no concello de Avión (Ourense)

Acevedo | Baíste | Liñares | Rubillón

Parroquias de Avión[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Avión

Abelenda (Santa Mariña) | Amiudal (Santiago) | Avión (Santos Xusto e Pastor) | Baíste (Santa María) | Barroso (Santa Baia) | Córcores (Santa Mariña) | Cortegazas (Santo Antonio) | Couso (Santa María) | Nieva (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2012. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Avión - Baíste" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 13 de novembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]