Avión, Avión
| Avión | |
|---|---|
Vista de Avión | |
| Concello | Avión[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°22′29″N 8°15′18″O / 42.37472222, -8.255 |
| Poboación | 588 hab. (2015) |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xusto e Pastor de Avión é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. En 2015 tiña 588 habitantes (279 homes e 309 mulleres), 133 menos ca en 2000. Esta parroquia, por ser a capital do municipio, non perdeu tanta poboación como as outras do concello.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XVII, rematándose a súa construción en 1742. A fachada é un retablo barroco realizada por canteiros da Terra de Montes, e ten outras dúas portadas fortemente moldeadas e con fornela superior, con figuras pétreas de Santo Antón co Neno e a Virxe e o seu fillo. A cabeceira, moi anterior a 1742, ten bóveda de nervios góticos con claves historiadas policromadas. Na central figuran os santos Xusto e Pastor, con caretas alusivas aos principios centrais da fe.

A arquitectura da torre do templo, con carátulas angulares na balaustra inferior, é similar á das igrexas de Carballeda e Beiro, posiblemente porque foron ordenadas facer pola mesma persoa, o conde de Ribadavia.
A igrexa ten columnas salomónicas angulares, algo que malia ser un exemplo moi característico do barroco, non é común nos exteriores das igrexas do barroco galego.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Avión
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Avión no concello de Avión (Ourense) | |
|---|---|
|
Beresmo | Cernadas | San Vicenzo | San Xusto |