Rubén Martínez Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRubén Martínez Alonso
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Rubén Martínez Alonso, nado en Vigo en 1980, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, despois cursou o programa de doutoramento en Linguaxe, Ciencia e Antropoloxía na Universidade da Coruña. Iniciou a súa tese de doutoramento, Las sociedades recreativas en la Galicia urbana(1850-1936), ao tempo que é docente na Facultade de Xeografía e Historia da USC.

Profesor de Secundaria e Bacharelato, na actualidade é comisario no MARCO de Vigo do ciclo METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega.

Como creador literario, publicou as súas primeiras composicións poéticas ao longo da primeira década do século XXI na revista Dorna. En 2011 publicou a súa primeira novela, 1980 (ano cero), na Editorial Toxosoutos.

A de Martínez Alonso é novela psicolóxica de moito lastre, cargueiros enteiros de reflexións sobre a vida e a morte —principalmente a morte—, sobre o sentido da existencia e, antes de cousa ningunha, sobre o suicidio, verdadeira trabe mestra da historia que se presenta."[1]

"Novela intensa, pois, pola que se percorren recantos escuros dunha existencia. Exenta de procesos adozadores, exhíbense con dureza e verosimilitude as derrotas do protagonista na súa batalla por vivir a súa propia vida, a esforzada loita contra a hipocrisía, os seus intentos de metamorfosearse para fondear, ao cabo, neses terreos lamacentos das eternas condenas á infelicidade.[2]

Ramón Nicolás, en Caderno da crítica

En 2012 publicou a súa segunda novela, A saudade do caracol, tamén na editorial Toxosoutos. En 2013 publicou As escaleiras do Gran Hotel, gañadora da XIV Edición do Premio Vicente Risco de Creación Literaria convocado polo Concello de Ourense e editado por Sotelo Blanco Edicións na súa colección Medusa.

Unha interesante reflexión sobre a importancia decisiva que as persoas do común teñen tantas veces nos grandes devires históricos.[3]
Armando Requeixo, en Criticalia

En 2019 regresou á narrativa de ficción coa novela Vila Suárez, un texto ambientado nas primeiras décadas do franquismo e ateigado dunha aristocracia somerxida nas cloacas da capital.

Obras

Narrativa

  • 1980 (ano cero) (Ed. Toxosoutos, 2011)
  • A saudade do caracol (Ed. Toxosoutos, 2012)
  • As escaleiras do Gran Hotel (Sotelo Blanco, 2013. Texto gañador da XIV Edición do Premio Risco de Creación Literaria)
  • Vila Suárez (Ed. Toxosoutos, 2019)

Poesía

  • Camiño de ningures, 2017.

Ensaio

  • «Imaginería lígnea de la iglesia parroquial de Ntra. Sra. del Carmen de Ferrol» en "Papeis Ártabros", 2006. Neste traballo cataloga as pezas máis importantes deste templo.
  • EL CASINO DE VIGO. Crónica ilustrada de la histórica sociedad de recreo (1847-1936). 2013.

Notas

  1. Armando Requeixo (2011-07-01). "Narrativa mortal". Criticalia. Consultado o 2019-07-06. 
  2. Nicolás, Ramón (2011-09-17). "1980 (ano cero), de Rubén Martínez Alonso". Caderno da crítica. Consultado o 2019-07-06. 
  3. Armando Requeixo (2014-09-15). "Intrigas no Gran Hotel". Criticalia. Consultado o 2019-07-06.