Roy Acuff
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Roy Claxton Acuff 15 de setembro de 1903 Maynardville |
| Morte | 23 de novembro de 1992 Nashville |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Lugar de sepultura | Spring Hill Cemetery (en) |
| Educación | Central High School |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, político, violinista, editor de música, cantautor, compositor, músico de country |
| Partido político | Partido Republicano |
| Xénero artístico | Música country |
| Instrumento | Violín, fiddle e voz |
| Selo discográfico | Conqueror Records (en) Columbia Records |
| Compañeiro profesional | Fred Rose: Acuff-Rose Music, Inc. (en) |
| Familia | |
| Fillos | Roy Acuff, Jr. |
| Irmáns | Nancy Juanita Acuff |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Myggans nöjeslexikon: 1 A–Barc (Swedish) (en) |
Roy Claxton Acuff (Maynardville, Tennessee 1903 - 1992) foi un músico americano de country.
Roy comezou xogando de forma semiprofesional ao béisbol, pero en 1929 unha insolación impediu que xogara cos New York Yankees. En 1933 forma o grupo Tennessee Crackerjacks co que participa en programas de radio de Knoxville. En 1934 o grupo pasouse a denominar Crazy Tennesseans, co que en 1936 grava os seus primeiros temas, que axiña se converteron en éxitos, "Great Speckled Bird" e "Wabash Cannonball". En 1938 o grupo cambia de novo o seu nome para se denominar Smoky Mountain Boys cos que grava temas como "Night Train to Memphis", "Fire Ball Mail" ou "Wreck on the Highway".
Con Fred Rose funda a súa propia discográfica en 1942, Acuff-Rose Music Publishing Company, que se converteu na primeira discográfica de música country do mundo. En 1974 gravou o seu derradeiro sinxelo.