Saltar ao contido

Rotemburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRotemburg
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°59′42″N 9°43′38″L / 50.995, 9.7272
EstadoAlemaña
Estado federadoHessen
RegierungsbezirkRexión de Kassel
Rural district of Hesse (en) TraducirDistrito de Hersfeld-Rotenburg Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación14.066 (2022) Editar o valor en Wikidata (175,89 hab./km²)
Xeografía
Superficie79,97 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude183 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal36199 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico06623 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña066320018018 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán06632018 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webrotenburg.de Editar o valor en Wikidata

Rotemburg (oficialmente en alemán: Rotenburg an der Fulda), é unha pequena cidade do distrito de Hersfeld-Rotenburg, ao leste do Land de Hessen, Alemaña.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Casas antigas de Rotenburg á beira do río Fulda

Encóntrase situada a uns 180 msnm, á beira do río Fulda, un dos afluentes do río Weser.

A cidade atópase ao sur da cordilleira Stölzinger Gebirge, na parte máis estreita do val do Fulda. O punto máis baixo da cidade está a 180 m sobre o nivel do mar, na zona próxima ás dúas pontes que cruzan o río Fulda que unen a Cidade Vella e a Cidade Nova; estas ponte son a Alte Fuldabrücke ("Ponte vella de Fulda") e a Brücke der Städtepartnerschaften ("Ponte das asociacións da cidade"). O punto máis alto da cidade é o Alheimer de 548,7 m de altura, situado no límite da cidade de Rotenburg e a comunidade veciña de Alheim.

Ocupa unha superficie de 79,84 km2. A súa poboación, segundo o censo de 31 de decembro de 2020, era de 13 959 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 170 hab./km2.[1]

As cidades importantes máis próximas son Bad Hersfeld (a 16 km ao sur), Kassel (a 50 km ao norte) e Fulda (a 70 km ao sur).

A cidade foi a capital do Landgraviato de Hesse-Rotenburg desde 1627 a 1834. Foi incendiada durante a Guerra dos Trinta Anos polas tropas do Sacro Imperio Romano Xermánico en febreiro de 1637.[2]

Antigo distrito

[editar | editar a fonte]

En 1821 creáronse os distritos en Hessen, incluíndo os distritos de Hersfeld e de Rotenburg, que permaneceron case inalterados (excepto nun breve período despois da revolución de 1848, cando foron disoltos cando de produciu a anexión de Hessen-Kassel por Prusia e a creación do estado de Hessen. En 1972 ambos os distritos fusionáronse nun só.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]