Rosetta@home

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rosetta@home é un proxecto de computación distribuída para a predicción da estrutura das proteínas que emprega a plataforma Berkeley Open Infrastructure for Network Computing (BOINC). Está dirixido polo Laboratori Baker, da Universidade de Washington. O obxectivo de Rosetta@home é predicir acoplamentos proteína-proteína e deseñar novas proteínas mediante o uso duns 60 000 computadores activos cedidos por voluntarios, cun rendemento medio de preto de 55 teraFLOPS a data do 6 de outubro do 2012.[1] Foldit, un videoxogo baseado en Rosetta@Home, intenta acadar o mesmo obxectivo a través do crowdsourcing. Malia que o proxecto se centra principalmente na investigación básica para mellorar a precisión dos métodos proteómicos, Rosetta@home tamén leva a termo investigacións aplicadas no eido da malaria, a doenza de Alzhéimer e outras patoloxías.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. de Zutter W. boincstats.com, ed. "Rosetta@home: Credit overview" (en anglès). Consultado o 6 de outubro de 2012. 
  2. Fòrums de Rosetta@home (ed.). "What is Rosetta@home?" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]