Rosendo Naseiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1935 Rodas, España |
Morte | 12 de outubro de 2023 (88 anos) Madrid, España |
Tesoureiro (pt) | |
1987 – | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario, coleccionista de arte |
Partido político | Partido Popular |
Rosendo Naseiro Díaz, nado en Rodas (Samarugo, Vilalba) o 11 de xuño de 1935 e finado en Madrid o 12 de outubro de 2023, foi un empresario, político e coleccionista de arte galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación e ascenso
[editar | editar a fonte]Fillo dunha familia de caseiros e de emigrantes a Cuba, na súa xuventude marchou a Ferrol, onde estivo traballando primeiro nunha tinturería e despois na estiba de carbón no porto da cidade. En 1950 volveu a Vilalba a traballar noutra tinturería. Pouco despois trasladouse de novo, desta vez a Tui e comezou un negocio de máquinas de lavandería e de transporte, que prosperou, e mudouse a Alacant en 1972.[1]
O caso Naseiro
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Caso Naseiro.
Militante do Partido Popular, converteuse en 1987 en secretario de finanzas (tesoureiro) dese partido, en substitución de Ángel Sanchis. En 1990 foi procesado por un caso de financiamento ilegal de partidos políticos, de suborno e de compra de votos, que foi coñecido como caso Naseiro. Detivérerono e ingresou en prisión o 9 de abril de 1990, onde permaneceu menos dunha semana. O caso chegou ao Tribunal Supremo pola condición de deputado dun dos imputados. O fiscal pediu para Naseiro unha condena de 3 meses de prisión e catro de inhabilitación por suborno en grao de conspiración. Posteriormente saíu absolto ao seren invalidadas as únicas gravacións inculpatorias, por realizárense en relación a outro caso e non seren especificamente autorizadas.
Retirada da vida política
[editar | editar a fonte]Como consecuencia, retirouse da primeira liña política e centrouse no coleccionismo de arte. Era especialista en naturezas mortas españolas de entre os séculos XVII e XVIII.
En 2006 doou ao Museo do Prado, a través dunha compra realizada polo BBVA, parte da súa colección, valorada en 26 millóns de euros, e que estaba considerada a colección de pintura máis importante desa época en mans privadas de España.[2] Finou en Madrid o 12 de outubro de 2023.[3] Foi soterrado no cemiterio de Lanzós.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Viúvo,[4] tivo dous fillos e varios netos. Volveu casar con Najia Naji Mouhachim.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El arte del tintorero, Aníbal Malvar, El Mundo, 1.10.2006, consultado o 23.9.09 (en castelán)
- ↑ "El botín de la colección Naseiro", artigo en El País, 19 de xullo de 2006 (consultado o 23 de setembro de 2009) (en castelán).
- ↑ Fallece el vilalbés Rosendo Naseiro, extesorero del PP
- ↑ Rosendo Naseiro pide ayuda para aclarar el accidente en el que murió su mujer Arquivado 10/03/2016, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 7.11.2001, consultado o 23.9.09